Que está a pasar en Ourense?

logo_emerxencia_cultural_ourense_h

#EmerxenciaCulturalOurense é o grito colectivo da cidadanía de Ourense ante a terrible situación de abandono que nos últimos anos a cultura vén padecendo no noso concello.

#EmerxenciaCulturalOurense é un movemento de acción individual e/ou colectiva, aberto, construtivo e creativo, sumando nunha mesma dirección: a defensa dos dereitos culturais da cidadanía.

#EmerxenciaCulturalOurense chama a toda a cidadanía de #Ourense a tomar parte desta reivindicación. Chama ás Asociacións, Fundacións, Institucións artísticas, culturais e sociais, Museos, Bibliotecas, Escolas de Arte, de Música, Conservatorios, Institutos, Universidades, Voluntariado, Grupos amadores, Profesionais da Cultura, Artistas, Técnicos, Artesáns, Libreiros, Autónomos, Feministas, Ecoloxistas, Sindicatos, aos sectores económicos, á Hostalaría, ao Comercio, ás Asociacións de veciños …

#EmerxenciaCulturalOurense
vai tinguir Ourense de amarelo, a cor da alegría, do optimismo e da enerxía.


Descarga, comparte, difunde:


FacebookTwitter Instagram